A Asociación Mar Seguro de Galicia foille concedida na convocatoria do ano 2023, unha axuda para o proxecto “OS MARES DA BAIXURA II: AMPLIANDO HORIZONTES” EXP. PE155A-2023-00059 o abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, (código de procedemento PE155A).
O proxecto OSMARESDABAIXURA II continua a liña do executado no 2020-22,mellorando o rendemento da web, dotándoa de mais contidos e aumentando a oferta formativa, que axudará a mellora da saúde laboral dos nosos profesionais. Este proxecto está deseñado para seguir contribuíndo ao fomento do crecemento económico das zonas costeiras, a inclusión social de aqueles colectivos mais desfavorecidos, e a creación de emprego nas comunidades costeiras dependentes da pesca e a acuicultura
PRIORIDADE 3 DO FEMPA. OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3.1
Contribuír a posibilitar unha economía azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores, e a fomentar o Desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas
Proxecto plurianual: 2023, 2024 e 2025 Total axuda pública aprobada 60.946,60€
Importe total da operación: 61.298,95€ Total subvencionado:58.709,86€ – 96,33%